martes, 30 de octubre de 2012

Novidades e cursos


A restauración en Galicia está de noraboa, e últimamente non é algo raro. Algo se está movendo...
Materialízase o desexo de colaboración do Museo Provincial ca Escola de Restauración na celebración dun novo curso na sede do Museo, o vindeiro mes de novembro. Aquí tendes toda a información:

II Encontro de Conservación e Restauración
Actualizado 23/10/2012 13:50
MUSEO DE PONTEVEDRA
Organizado conxuntamente, en virtude do convenio asinado o pasado ano, polo Museo e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, celébrase no salón de actos do Sexto Edificio desde o 14 ó 16 de novembro. Ten como título xenérico Do laboratorio á obra: aplicación práctica do coñecemento científico á conservación-restauración de materiais pétreos.
Este II Encontro está dirixido a todos os grupos profesionais involucrados en labores de conservación e restauración de bens de carácter cultural que teñen como soporte un material pétreo (restauradores, arquitectos, historiadores da Arte, químicos, biólogos, xeólogos, arqueólogos, etc.) e tamén, dada a súa finalidade formativa, non excluínte, a todas as persoas que están cursando actualmente esas ou outras materias afíns.
As inscricións realizaranse no Rexistro do Museo e efectuaranse por rigorosa orde de entrada ata completar o número de prazas, limitado a 240 persoas, finalizando o prazo o día 12 de novembro.
Tamén poderán ser enviadas por correo electrónico á dirección secretaria.museo@depo.es
Os asistentes recibirán un diploma acreditativo e tense solicitado un crédito de libre disposición á Universidade de Vigo.
Descargar formulario de inscrición aquí.
Para ver o programa completo premer aquí.

lunes, 17 de septiembre de 2012

Retábulos





Restauración do retábulo maior da Igrexa de San Adrian de Castro, Zas.

miércoles, 18 de julio de 2012

Pedra

Restauración e traslado do cruceiro de Parderrubias (Salceda de Caselas). Dirección técnica.

O seu lugar orixinal era un cruce de camiños, como é usual no caso dos cruceiros, ata 2004, cando un camión o derrubou.


O seu penoso aspecto, no momento de plantexar a intervención, era este:





- Rotura do fuste ou varal en dous anacos
- Rotura da capela de ánimas
- Colonización biolóxica (liques, algas...)
- Elementos metálicos oxidados
- Retábulo de ánimas sucio e afectado pola calor das candeas.

Propúxose para a súa conservación, o seu traslado a dous metros do cruce, evitando o tráfico, a súa limpeza e a restitución das pezas rotas.
Capela de ánimas. Imaxe final


Proceso de limpeza do retábulo de ánimas

O resultado final é o seguinte:


domingo, 17 de junio de 2012

Debuxo a tinta sobre papel

Debuxo a tinta.
Autor: Picasso
Propiedade particular.


Estado previo


Tras a eliminación do passepartout


Eliminación dos restos de adhesivo de xeito mecánico


Estado final tras a adhesión dos fragmentos e a reintegración das faltas

sábado, 3 de marzo de 2012

Silla de coiro

Imaxes de entrada:


Danos mecánicos no coiro producidos polo uso.



Estado das tachuelas de ferro ó ser extraídas para tratar o coiro e forralo.
 Foron sustutuidas por outras inoxidables.



Cinchas colocadas como reforzo.


Clavado de puntas inoxidables aproveitando os buratos orixinais no coiro.



Selado dos principais rachados.
 Posteriormente levouse ó tono orixinal do coiro reintegrando con pigmentos ó verniz.



Estado final do asento.


Imaxe final da silla.