martes, 30 de octubre de 2012

Novidades e cursos


A restauración en Galicia está de noraboa, e últimamente non é algo raro. Algo se está movendo...
Materialízase o desexo de colaboración do Museo Provincial ca Escola de Restauración na celebración dun novo curso na sede do Museo, o vindeiro mes de novembro. Aquí tendes toda a información:

II Encontro de Conservación e Restauración
Actualizado 23/10/2012 13:50
MUSEO DE PONTEVEDRA
Organizado conxuntamente, en virtude do convenio asinado o pasado ano, polo Museo e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, celébrase no salón de actos do Sexto Edificio desde o 14 ó 16 de novembro. Ten como título xenérico Do laboratorio á obra: aplicación práctica do coñecemento científico á conservación-restauración de materiais pétreos.
Este II Encontro está dirixido a todos os grupos profesionais involucrados en labores de conservación e restauración de bens de carácter cultural que teñen como soporte un material pétreo (restauradores, arquitectos, historiadores da Arte, químicos, biólogos, xeólogos, arqueólogos, etc.) e tamén, dada a súa finalidade formativa, non excluínte, a todas as persoas que están cursando actualmente esas ou outras materias afíns.
As inscricións realizaranse no Rexistro do Museo e efectuaranse por rigorosa orde de entrada ata completar o número de prazas, limitado a 240 persoas, finalizando o prazo o día 12 de novembro.
Tamén poderán ser enviadas por correo electrónico á dirección secretaria.museo@depo.es
Os asistentes recibirán un diploma acreditativo e tense solicitado un crédito de libre disposición á Universidade de Vigo.
Descargar formulario de inscrición aquí.
Para ver o programa completo premer aquí.