miércoles, 18 de julio de 2012

Pedra

Restauración e traslado do cruceiro de Parderrubias (Salceda de Caselas). Dirección técnica.

O seu lugar orixinal era un cruce de camiños, como é usual no caso dos cruceiros, ata 2004, cando un camión o derrubou.


O seu penoso aspecto, no momento de plantexar a intervención, era este:





- Rotura do fuste ou varal en dous anacos
- Rotura da capela de ánimas
- Colonización biolóxica (liques, algas...)
- Elementos metálicos oxidados
- Retábulo de ánimas sucio e afectado pola calor das candeas.

Propúxose para a súa conservación, o seu traslado a dous metros do cruce, evitando o tráfico, a súa limpeza e a restitución das pezas rotas.
Capela de ánimas. Imaxe final


Proceso de limpeza do retábulo de ánimas

O resultado final é o seguinte: